Exposición "Patróns de Beleza"

Submitted by admin on

EXPOSICIÓN “Patróns de Beleza”

Arte · Matemáticas · STEAM

Organizada por Igaciencia  coa colaboración da Ärea de Cultura da Deputación de Lugo, na  Sala de Exposicións da Deputación de Lugo en Praza de San Marcos. Do 9 ao 30 de xuño de 2026
Convidámosvos a asistir á inauguración, que terá lugar o día 9 de xuño ás 18 horas, e a concertar unha visita guiada para un grupo.
A Exposición Patróns de Beleza abre as súas portas para mostrar como as matemáticas, a ciencia e a arte poden atoparse nun territorio común: a beleza. Unha invitación para descubrir que pensar tamén é crear.

Unha mostra única
En Simetría na Arte detállase toda a exposición
A exposición reúne máis de 70 obras de arte dixital en impresión 3D, xunto con pezas 2D que abarcan:
• Arte islámica clásica presente na Alhambra
• Mosaicos contemporáneos
• Arte algorítmica, l-systems e kolam
• Carteis sobre simetría, poliedros, ambo de Conway e obras presentadas en Congresos internacionais de arte e matemáticas, Bridges.
• Outros carteis que estarán na web: Simetría en Física e  Matemáticas, 17 grupos de Simetría no plano, 230 grupos de Simetría no espazo, Kepler e a rectificación e o ambo de Conway ou New Polyhedra with Ambo
• Unha colección audiovisual con 50 vídeos sobre Fractais Menger-Diaz,, poliedros, simetrías e octógonos iranianos e, tamén, 
Un percorrido que revela como as matemáticas poden ser unha fonte inesgotable de creatividade.

Obxectivos
• Valorar as obras pola súa beleza
• Mostrar como as matemáticas e o STEAM inspiran procesos creativos
• Explicar conceptos matemáticos a través da arte
• Romper estereotipos sobre a frialdade das matemáticas e a complexidade da ciencia


Convocatoria a centros educativos

Invitamos aos centros educativos a asistir á inauguración o 9 de xuño e a participar nas visitas guiadas, especialmente deseñadas para alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
• Unha visita guiada diaria
• Máximo 40 alumnos por grupo
• Inscrición a través desta web
• Confirmación de grupos admitidos mediante calendario que figurará aqui, na web.
• Maio: inscrición prioritaria para centros de Lugo
• Xuño: inscrición aberta ao resto de Galicia, segundo dispoñibilidade, xa que está prevista a exposición, tamén, no Paraninfo da USC en Santiago, do 26 de novembro a 31 de xaneiro.
Unha experiencia para descubrir a beleza de pensar
A Exposición Patróns de Beleza invita a mirar as matemáticas desde outro lugar: como unha linguaxe visual, como unha ferramenta creativa, como unha forma de comprender o mundo.

Día 9 ás 18 h. Inauguración

Día 17 IES Rio Miño. Rábade

Día 25 Olimpíada Matemática Española da FESPM

Preguntade en Cultra da Deputación ou no Museo de Lugo polas Visitas guiadas.